CLUB VOLEIBOL OURENSE

 

 

 

HISTORIA DO CLUB VOLEIBOL OURENSE
 
O Club Voleibol Ourense fundouse no ano 1989 a partir da iniciativa de catro ex xogadores deste deporte como resposta a unha necesidade creada polo colectivo de voleibol en Ourense. O 2 de novembro de ese ano inscríbese no rexistro xeral de clubes, federacións e entidades deportivas da secretaria xeral para o deporte da Xunta de Galicia, participando desde entón en todas as competición organizadas polas federacións de voleibol.
 
Na tempada 91-92 aproveitando o empuxe do voleibol nas olimpíadas de Barcelona o noso club consegue o ascenso a segunda división A. Categoría que non se abandonará ata lograr o ascenso a primeira división nacional.
 
No ano 1996 realízanse profundos cambios na directiva do club que obta por renovar case na súa totalidade aplantilla do equipo de segunda división A e íntegramente o corpo técnico en todas as categorías, confiando o primeiro equipo e posto de coordinador técnico á persoa de Don Luis Sánchez Labrador.
 
É a tempada 2000-2001 cando se consegue a culminación do primeiro obxectivo nesta nova etapa: o ascenso á primeira división do voleibol español. Xunto con este logro cabe destacar a segunda posición compartida no campionato da segunda división A, a terceira plaza na fase de ascenso a primeira división (celebrada en Salamanca), o ascenso a segunda división B do equipo filial e o convenio firmado co Concello de Ourense para xestionar a primeira escola deportiva municipal de voleibol.
 
Fruto do traballo deste club salientamos a exportación de varios xogadores ás diferentes categorías do voleibol nacional, destacando ós xogadores Pablo Gomez Parga que militou na Superliga española (actualmente pertence ó plantel do Valery Karpin –superliga -) e Carlos Fernández Pereira que o fai na liga FEV no EMEVE Lugo.
 
 
Top | info@voleyourense.es